Web hosting

miércoles, 7 de marzo de 2012

As Ruas (4ª parte): Progreso, Riestra, Oliva e Garcia Camba

RUA PROGRESO
A cidade crecía lentamente, pero coa apertura da Rúa do Progreso, a cidade daba un estirón cara á saída a Ourense, abríndose así unha nova vía -substituíndo ao antigo Camiño de Castela que discorría pola Seca- na Rúa do Progreso situábase o novo Hospital, aberto desde 1896, e tamen o Hotel Progreso.

As antigas vivendas desta rúa dábanlle un gran protagonismo coas súas fachadas con galerías e coquetas bufardas.


A maioría destas vivendas fóronse derrubando co paso do tempo, excepto o edificio do Gran Garaxe, desaparecendo as liñas de arborado que había en ambos os lados da Rúa e edificios tan singulares como o do Hotel Progreso.

RUA DE RIESTRA
Nas rúas Michelena e de Riestra comezouse un gran especulación urbanística, onde o personaxe que daba nome á rúa que unía a Praza do Concello coa de San Xosé, estaba implicado en moitas promocións inmobiliarias.

Na Rúa de Riestra, O Diario de Pontevedra tiña o seu obradoiro, había tamén un salón de variedades chamado Petit Palais, enfronte do impoñente chalé que edificase o indiano Trapote, na entrada dos Xardíns das Palmeiras.


RUA OLIVA
A Rúa da Oliva, que recupero o seu nome en 1901, anteriormente José Elduayen, é unha das rúas máis comerciais da cidade, nela instaláronse maragatos que chegaron á cidade na súa andaina comercial, talleres tipográficos, confeiterías, barberías, droguerías, ultramarinos coloniais, sombreirerías e fotógrafos.

Unha rúa que invitaba a grandes paseos dos señoritos, mozas casadeiras e soldados en praza, de arriba abaixo e viceversa.


RUA GARCIA CAMBA
Na esquina coa rúa de García Camba, constrúese a finais dos anos vinte o edificio máis singular da rúa, a casa de Correos e Telégrafos.