Web hosting

lunes, 9 de septiembre de 2013

As Ruas (7ª Parte): San Francisco e Xardins de Casto San Pedro

O CONVENTO DE SAN FRANCISCO E OS XARDINS CASTO SAN PEDRO
O convento de menores observantes de San Francisco cun "largo de 106 varas castellanas" o cal se encontra na parte mais alta do pobo e en liña ca antiga muralla e a sua solidez, foron a causa de que este servise como fortaleza en distintas ocasións, o que acrecentou máis a seu deterioro. En 1809, os franceses refuxiáronse nel, atacados un 28 de febreiro do mesmo ano polo pobo. O 24 de marzo de 1823, refuxiáronse os liberais para defenderse dunha facción de Cotobade e o 3 de outubro de 1840 se parapetaron os pontevedreses, cando forzas de Vigo atacaron a Vila, co fin de levarse a capitalidad da provincia.


 
 
O convento foi ampliado e reformado polo Arzobispo Frei Sebastian Malvar Pinto a finais do século XVIII foi convertido en palacio provincial, que reinstalou na súa fachada a porta de Santo Domingo, proveniente da desfeita das murallas.
O templo aínda que moitas das súas capelas foron derribadas por atoparse en estado ruinoso, como a da orde terceira que foi demolida en 1854, sobreviviu ata que foi recuperado polos frades en 1909.
 
As capelas da igrexa son dez, a máis antiga do século XIII e a mais moderna do século XVIII. As suas vidrieras dos cinco venais góticos foron fundidas nos mesmos hornos que as da Catedral de León.
O Rosetón da fachada procede de Santo Domingo, Castro Sampedro explica que as pezas que formaban o Rosetón estaban dispersas polo convento, había un primitivo sobre leste, unha vez recolleitas todas as pezas, comezouse a súa reconstrución,que dirixiu o arquitecto Argenti, sendo mestre de obras Fraga cun grupo de canteiros de Xeve.
A reconstrución do Rosetón difiere da orixinal, engádenselle catro pétalos máis e 2 de diámetro, resultando o actual de 12 petalos e 5 metros de diámetro.
 
 




Para o eirado aberto perante o edificio ideouse unha ordenación consistente nunhas linas de árbores a xeito de parterre rodeado dun muro de pedra como cerca. Logo chega a decisión de eliminar a vexetación e instalar en 1928, no centro do espacio, os restos da antiga fonte de chafariz retirada da Praza da Ferrería a mediados do século XIX. As súas molduras, ata aquel intre conservadas no museo arqueolóxico das ruínas de San Domingos foron recompostas con indicacións de Alfonso Castelao. A vez retirouse a grande fiestra existente na fachada da igrexa convental por un rosetón de nova feitura.

 






As Ruas (6ª Parte): Igrexa en Praza da Peregrina

IGREXA E PRAZA DA PEREGRINA
Na campa existente diante da Porta das Travancas edificouse no 1778, con traza do mestre de obras Antonio Souto, o santua¬rio de Nosa Señora do Refuxio. Un fito de obrigada parada no itinerario portugués que cruzaba a cidade en peregrinación a Compostela. A Peregrina e a súa imaxe -a cápela acabou tomando a denominación popular da virxe que veneraba- gozaron do fervor popular estando presente en anónimas cantigas: Eu si vou a Pontevedra, non vou por ver aos soldados, vou por ver A Pere¬grina a dos pendentes dourados.


 
 
As festas baixo o seu padroado convertéronse nas de maior animación da vila. Reunían arredor do templo, no que sobresaia o caseirón do protohistoriador local Claudio González Zúñiga, a centos de romeiros nunha celebración profana e relixiosa que pasou a formar parte das tradicións con maior raigame e devoción da Boa Vila.
 
 
 
A praza de Peregrína ten a súa orixe no ano 1778, cando se constrúe o Santuario da Virxe Peregrina, esta praza antiga encrucillada da nosa antiga vila e moi preto da porta de Trabancas, formaba parte da vía romana "Per Tola Maritima", por onde entraban os peregrinos que realizaban o camiño a Santiago de Compostela.








 
 
Nesta praza conclúen ou se inician a Rúa Michelena, Oliva, Peregrina, Benito Corbal (antiga Rúa do Progreso) e Trabancas (hoxe Paseo de Antonio Odriozola).


 

Podemos dicir que esta praza é o centro neurálgico da nosa vila. Nela e no nº 1 da Rúa Michelena estivo a Botica Peregrina de D. Perfecto Feijoo, propietario do chamado Loro Ravachol, loro apreciado polos Sres. da época, no seu recordo hoxe en dia hai unha pequena escultura.
 


No trasncurso dos anos esta praza sufriu diversas modificacións sendo a última nos anos 50, cando se adapta ao proxecto orixinal do mestre Antonio de Souto, poñendo de novo a fonte na súa fronte.





 
 




 

domingo, 8 de septiembre de 2013

As Ruas (5ª parte): Praza S. Xose, Augusto Gonzalez Besada, Andres Muruais e Estrada de Vigo.

PRAZA DE S. XOSE
O primeiro contacto coa vila das xentes provenientes de Marín e do Morrazo esta¬ba na Praza de San Xosé. Alí, nun solar do antigo e rematado por almeas Pazo dos Montenegro —derrubado na súa práctica totalidade— edificou o emigrante Martínez Bautista con fortuna amasada en Nova York un ecléctico edificio que acollerá desde fins de século ao Café Moderno. Un salón de variedades decorado, no 1904, con murais de corte modernista polo pintor Monteserín.
 
Punto de reunión de ambientes pretendidamente distinguidos, con longas tertulias, xogos de mesa e proxeccións cinematográficas serviu tamén de taboado para canzonetistas ousadas e orquestinas introducto-ras dos ritmos do blues e do jazz. Fronte ao café situábase desde 1712 a desaparecida cápela barroca de San Xosé e o Hotel Méndez Núñez que, logo do seu peche, tomou funcións de central de autobuses de liña.


AUGUSTO GONZALEZ BESADA
Desde 1883 unha rede tranviaria comunicaba con Marín e un ano despois chegaba o primeiro tren á cidade poñendo en servicio a estación de ferrocaril. O tranvía e o tren quedaban unidos pola rúa que no 1903 o concello bautizou co nome do político e ministro pontevedrés Augusto González Besada.

 
Ante o pavillón de retretes da instalación ferroviaria e ocupado case na súa integridade a marxe contraria da rúa, unha mansión que erguera como vivenda o enxeñeiro Domerq destacaba pola súa altura, balconadas, galerías e mesmo polo seu coidado xardín adornado con palemiras e miradoiro. Na súaconstrucción utilizou como elemento decorativo un arco procedente da desaparecida Cápela dos Santos de Mollavao. Foi desmantelado o chalé, ante a indiferencia didadá e oficial no 1987.

ANDRES MURUAIS
Da praza da estación ata a Rúa da Peregrina trazouse en 1894 un novo vial que comunicaba directamente os viaxeiros que baixaban do ferrocarril co centro da vila e a estrada a Ourense.

  

Dedicado á figura do malogrado poeta Andrés Muruais, edificáronse nel os dous establecementos hosteleiros con máis porte e luxo da cidade. En feitura modernista o Palace Hotel e aberto desde 1904, con fachada ecléctica labrada en granito, o Hotel Engracia. Daban servicio con outras fondas e hostais, coma o Madrid e o Estrella, aos visitantes que se achegaban a Pontevedra. Surcada polo tranvía eléctrico a Lérez, destacaban na rúa os edificios do Sanatorio Poza e mesmo enfronte deste un de carácter puramente modernista —atentatoriamente destruido— noutro tempo sede da Compañía Anónima de Automóbiles, con linas de viaxeiros a Cambados, A Toxa, Lalín e A Lama.


ESTRADA DE VIGO
Batizada 1904, a Rúa Andrés Mellado conducía cara á nova estrada a Vigo. Ao comezo déla, o Garaxe Puig instalaba os primeiros surtidores de gasolina para dotar de combustible aos pioneiros no uso do automóbil.