Web hosting

jueves, 9 de febrero de 2012

As Ruas (1ª parte): Concello, Alameda, Heroes, Montero Rios, Echegaray.


O CONCELLO
Comezaremos esta viaxe polas Ruas de Pontevedra, partindo do Concello.
 
 

Sobre os restos da Torre da Bastida, edificouse no seculo XVII a antiga Casa do Concello, que seria derrubada a sua vez no 1876, iniciando a construcción do actual edificio no ano 1877, finalizando tres anos despois.


 
 
PRAZA DE ESPAÑA
Ante o Concello una amplia praza na que confluen diversas ruas, Alfondiga, Bastida, Riestra, Michelena, etc. Esta praza foi testemuña de numerosos acontecementos políticos, relixioso, sociais e militares; cabe destacar a inaguracion do monumentos aos Heroes de Pontesampaio (27-08-1911) ou recibir ao presidente da II Republica española.


 
 
A ALAMEDA
Tras a edificación do Concello, se urbanizo o antigo Campo das Rodas, creándose unha longa alameda de 230 por 40 metros na que se alienaron arbores dividindo o trazado duns paseos que no seu uso cidadan se convertian en espello de conductas e reflexo do clasismo imperante nunha parte da sociedade.







 
 
Co tempo a nova Alameda tubo un peche de enreixado de ferro, coroada con decorativos de fundición, a cal foi retirada antes da inauguración do monumento aos Heroes de Pontesampaio, obra del escultor Gonzalez Pola, ata ali chegaron as primeiras barracas cinematográficas e outros espectáculos maxicos.
 
 

 

 
 
MONTERO RIOS
Alameda foi o eixo central sobre o que se instalaron unha serie de edificios de caracter institucional, na Gran Via Montero Rios se construe no 1911 o instituto sobre terreos de a igrexa e convento de San Domingos, sendo rematado en 1924, tendo a sua fachada ao principio da Gran Via, a cal estaba naquela época poboada de árbores nas súas dúas marxes, nesta mesma Gran Vía tamén están situados os edificios da Deputación Provincial e a Escola de Artes e Oficios.





 
RUA ECHEGARAY (RUA ALAMEDA)
Paralela a esta Gran Vía, alén da Alameda, adicada nun primeiro momento ao dramaturgo José de Echegaray, comezando onde nos anos 50 construirase o edificio do Goberno Civil, acabando na Ponte da Barca, con dúas filas de árbores ás súas marxes.
 

 

A Rua Echegaray, que posteriormente o primeiro tramo paso a chamarse Rua Alameda, levábanos ao barrio de San Roque, por diante da Casa Real de la Maestranza, (posteriormente Cuartel de San Fernando), pasando por diante das construcións modestas das Ruas Novas de Arriba e Abaixo e dos Calexons da Palla e dos Sapos.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario