Web hosting

jueves, 16 de febrero de 2012

As Ruas (2ª parte): Cuartel San Fernando, Xardins de Vicente e arredores.

CUARTEL DE SAN FERNANDO (CASA REAL DA MAESTRANZA)

Sobre as ruinas e solar da Casa Real da Maestranza, edificouse o Cuartel de San Fernando, frente o cal atopabase o Campo do Conde de la Peña del Moro, sendo remodelado posteriormente con xardins e una rua de entrada, mellorando o conxunta tras o ancheo do calexón da Mestranza no 1911, baixo o nome de Rua General Martitegui, na que 50 anos despois se construia o edificio do Goberno Civil.





XARDINS DE VICENTI (AS PALMEIRAS)

Coa compra por parte do Concello de novas propiedades, continuábase a urbanización iniciada na Alameda, comezando por unha nova zona axardinada detrás do Instituto, a Deputación e a Escola de Artes e Oficios ou Escola Normal de Mestres.


Así se comeza, nun espazo dedicado á feira de gando, unha serie de paseos e xardíns dedicado a dúas figuras de política local con proxección nacional, Moises Gonzalez Besada e Eduardo Vicenti Reguera, chamados Xardíns de Vicenti, que adoptaron a denominación popular das Palmeiras pola especie arbórea dominante, un conxunto que limitaba co antigo trazado da vía do ferrocarril, y desde o que se gozaba dunhas vistas inmellorables sobre a Ría, o arrablade de San Roque e a súa capela, o Monte do Taco e o río dos Gafos. As nobres fachadas do Instituto, a Deputacion e a Escola Normal de Mestres enriquecían o parque.




GOBERNO MILITAR

Grazas á colaboración das colonias pontevedresas emigradas a ultramar, constrúese unha Escola para pobres, esta función benéfica non puido cumprir co seu labor e o Concello ofrécella ao exercito, utilizándose como Cuartel e Goberno Militar non 1909.




Co paso do tempo fóronse completando os xardíns con monumentos, xaulas con aves, zoas infantís e un estanque.






No hay comentarios:

Publicar un comentario