Web hosting

lunes, 9 de septiembre de 2013

As Ruas (6ª Parte): Igrexa en Praza da Peregrina

IGREXA E PRAZA DA PEREGRINA
Na campa existente diante da Porta das Travancas edificouse no 1778, con traza do mestre de obras Antonio Souto, o santua¬rio de Nosa Señora do Refuxio. Un fito de obrigada parada no itinerario portugués que cruzaba a cidade en peregrinación a Compostela. A Peregrina e a súa imaxe -a cápela acabou tomando a denominación popular da virxe que veneraba- gozaron do fervor popular estando presente en anónimas cantigas: Eu si vou a Pontevedra, non vou por ver aos soldados, vou por ver A Pere¬grina a dos pendentes dourados.


 
 
As festas baixo o seu padroado convertéronse nas de maior animación da vila. Reunían arredor do templo, no que sobresaia o caseirón do protohistoriador local Claudio González Zúñiga, a centos de romeiros nunha celebración profana e relixiosa que pasou a formar parte das tradicións con maior raigame e devoción da Boa Vila.
 
 
 
A praza de Peregrína ten a súa orixe no ano 1778, cando se constrúe o Santuario da Virxe Peregrina, esta praza antiga encrucillada da nosa antiga vila e moi preto da porta de Trabancas, formaba parte da vía romana "Per Tola Maritima", por onde entraban os peregrinos que realizaban o camiño a Santiago de Compostela.








 
 
Nesta praza conclúen ou se inician a Rúa Michelena, Oliva, Peregrina, Benito Corbal (antiga Rúa do Progreso) e Trabancas (hoxe Paseo de Antonio Odriozola).


 

Podemos dicir que esta praza é o centro neurálgico da nosa vila. Nela e no nº 1 da Rúa Michelena estivo a Botica Peregrina de D. Perfecto Feijoo, propietario do chamado Loro Ravachol, loro apreciado polos Sres. da época, no seu recordo hoxe en dia hai unha pequena escultura.
 


No trasncurso dos anos esta praza sufriu diversas modificacións sendo a última nos anos 50, cando se adapta ao proxecto orixinal do mestre Antonio de Souto, poñendo de novo a fonte na súa fronte.





 
 




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario